Rana
temporaria.
Ra vermella
(Rana temporaria)

Esta ra é tamén abondosa en Galicia sobre todo pola zona
norte (San Andrés de Teixido o río Mero, etc).
É a
típica das Brañas, tamén se atopa nos prados de sega e matorrales de toxo. En Ourense
atópase en zonas montañosas, pero non é abondosa, o mismo que en
Pontevedra. Fai
moita vida nocturna.
Entre 40 y 70 mm.
De interés especial.
Ver características.
Saír

Ra temporaria:
características.
Saír

Nome
científico |
Nome
científico

Rana temporaria. (
Linnaeus, 1758)
Reino:
Animalia
Clase:
Anfibios
Orden:
Anuros (anfibios sin cola)
Familia:
Ranidae
Género:
Rana
Especie:
Rana
temporaria
Ir a
características  |
Nome
galego |
Nome
galego:

Ra vermella, Ra de monte. Ra
roxa do monte.
Ir a
características  |
Nome
castelán |
Nome
castelán:

Rana temporaria. Rana de monte.
Rana roja.
Ir a
características  |
Dimensións |
Dimensións:

O dorso é gris, pardo, vermello
e amarelo. Un pouco de todo.
Entre 40-70 mm. Trátase dunha ra moi
semellante a ra ibérica, da que se diferencia pola combinación dos
seguintes caracteres: tímpano grande, redondo e ben definido, patas
máis curtas e ventre de cor crema con veas vermellas, sen punteado.

Iris dorado manchado de negro. Ollo
horizontal.
Esta ra pódese confundir coa ra
ibérica (non coa ra verdexada que non ten antifaz e ademais é máis
verde).

Ra temporaria.
 |
 |
Ra Ibérica |
Ra temporaria. |
A ra temporaria é mais grande ca Ibérica. O
seu habitat é distinto. O tímpano é mais grande. Observar tamén as
membranas interdixitais das patas, na ra temporaria non chegan a punta,
mentras que na ra ibérica si que chegan a punta.
Hai máis diferencias polo que
recomendo o libro de Moisés Asensi para velas.

Tímpano grande e ben definido. Casi
ten o tamaño do ollo.
As palmeaduras son
máis pequenas, non chegan o final do dedo (sobre 2/3 do dedo).
Ir a
características 
|
Identificación: |
Identificación:
Tímpano grande, redondo e ben definido,
patas máis curtas e ventre de cor crema con veas vermellas, sen
punteado. De tódolos xeitos presenta unha gran variación, inda que
dominen os tonos ocres, alanraxados, amarelos, roxizos e pardos.

As ras temporarias galegas son máis pequenas que
as de Asturias e os Ancares leoneses, chegando a adultas cunha talla similar a da
ra ibérica.
Ir a
características 
|
Alimentación: |
Alimentación:

Todo tipo de insectos. É moi áxil e caza con saltos
todo tipo de insectos e arañas.

Pode estar activa todo o día pero
parece preferi-lo serán entre lusco e fusco.
Ir a
características 
|
Habitats: |
Habitats:
Pódese decir que é a ra das brañas.
Tamén se atopa preto dos ríos, charcas, prados, etc. De marzo a
novembro.
Prefire máis ben os charcos, pódese decir que é máis
terrestre. Dende logo e pouco nadadora, inda que vive nas beiras das
charcas, lagoas e en xeral augas remansadas.
Ir a
características 
|
Cando
unha ra se asusta: |
Cando unha ra se asusta:

Posición típica.
A ra está tomando o sol, xeralmente
na orilla do río ou da charca correspondente. Cando se asusta,
¡¡¡chap!! , lánzase a agua e desaparece.
O cabo dun ratiño aparece na
superficie, momento no que Trago Silva sacou a fotografía anterior.
Aparece para mirar o que pasa, para ver como están as cousas.
Ir a
características 
|
Reproducción: |
Reproducción:
A reproducción comenza en marzo.
Reprodúce en augas pouco fondas e lagoas sen
corrente, chegando ás veces a poñe-los ovos na herba húmida. A posta
é grande, presentándose en paquetes que inchan na auga e quedan
flotando como xelatina.
 |
 |
Cágado de Ra |
Cágado de salamantiga. |
Os cágados, que é como se chaman as larvas
dos anfibios antes de convertirse en adultos, non son fáciles
de distinguir. O que realmente esté interesado en distinguilos
recomendo o libro de Moisés Asensi "Guía de anfibios e réptiles de
Galicia" publicado por Baia Edicións no 2006, entre outros. (Na
fotografía é un cágado de Rana temporaria a esquerda e un de
salamántiga a dereita). Como norma xeral os cágados (o principio)
que dan lugar os limpafontes e saramagantas teñen patas e os que dan
lugar os sapos e ras non.
As larvas (cágados) máis pardas que negras, saen das
charcas por maio ou agosto (nas serras). Os adultos espállanse polas
fragas unha vez rematado o período reproductor para volver a auga
chegado o inverno.

Xúntanse en grandes grupos para reproducirse,
onde os machos póñense a cantar. Rematando este período espállanse,
na busca de alimentos, polo bosque, ás veces moi lonxe do lugar de
reprodución.
Mentras os machos están co celo teñen a pel
dilatada, o que lle da un aspecto de "fofos". Tamén no
primeiro dedo nace unha callosidade que neste caso é negra.
Ir a
características 
|
Interés: |
Interés:

Moito como tódolos anfibios.
Ir a
características
|
Protección: |
Protección:

No está protexida que eu sepa. Ten un interés
especial. A súa principal ameaza son os
incendios forestais.
Ir a
características |
Distribución
en Galicia: |
Distribución en Galicia
Dende logo está ra non está distribuida por todo
Galicia, de feito abunda na zona norte de a Coruña e Lugo, mentras no
surleste limítase ós cumios de Trevinca e Manzaneda, lugares onde non
baixa dos 1.650 metros. En xeral, repártese por zonas de escaso déficit
hídrico anual.
Pódense ver dende o nivel do mar en Caaveiro, Guísamo,
Chelo, etc , ata os 1700 m. nos Ancares. e os 1900 por Trevinca.
Ir a
características
|
Canto: |
O seu canto:

O canto desta ra e totalmente distinto o da ra
verdexada xa que é un "groc-groc-groc" rápido, raspante e
débil.
Distinto o treee...treee...crrao..."
da everdexada .
Ir a
características
|
Bibliografía

Fontes:
Esos anfibios e reptiles gallegos. Jose Curt y
Pedro Galán.
Tamén utizo o libro Atlas de vertebrados de Galicia, o tomo
I, feito pola Sociedade Galega de Historia natural en 1995, un gran
libro sin dúbida.
Por último tamén teño utilizado o libro Guía
dos anfibios e réptiles de Galicia de Moisés Asensi.
Ir a
características

|