O DESOVE DA ANGUÍA:

Foi o biólogo danés Johannes Schmidt a principios
do século XX (despois de vinte anos, en 1922 chegou a estas conclusións
sobre a anguía) o que estudou a fondo o desove das anguías.
A cousa non era tan doada toda vez que este desove
prodúcese no Mar dos Sargazos, nada menos.

Dende alí e máis ou menos en tres anos chegan os
leptócefalos (punto 1 no dibuxo) que así se chaman as pequenas larvas que se deixan
arrastrar polas correntes do golfo, ata España e por suposto o resto de Europa e
Africa. O entrar nos ríos chámanse angulas e xa miden sobre 7 cms e xa
cambiaron moito, xa que pasaron de planas a cilíndricas, perderon os
dentes e teñen unha sangue bermella en vez de incolora. Todo un cambio
(pasos 2 e 3 do dibuxo).
As angulas comenzan a subir polos
ríos e sufren outros cambios ata chegar a ser anguías. Normalmente as
que suben convirtense en femias, mentras que os machos esperan que estas
regresen para desplazarse o Mar dos Sargazos e volver a comenzar o ciclo
(punto 5 do dibuxo).
Este peixe é un migrador incríble,
entre o otoño e o inverno as anguias adultas abandonan o río, nas noites
que non hai lúa, " si
poden e non morren nas hélices das turbinas dos encoros" e cunha
velocidade aproximada de 30 Km o día chegan o mar e dentro do mar
finalmente o mar dos Sargazos ( no océano Atlántico
centrooccidental) zona onde se reproducen. Creese que cada femia
pon, en augas relativamente quentes e ata 1000 metros de profundidade,
de
1 a 5 millóns de ovos de 1 a 3 mm de diametro. Despois os adultos
morren e as larvas de 4- 5 mm comenzan a migrar gradualmente cara
oriente, axudadas pola corriente do golfo primeiro, e logo pola
corriente nor-atlántica, para chegar as costas africanas e europeas 2 o 3 anos
despois.

Fotografía da pesca do meixón (angula) no
río Miño. Foto sacada da TVG.
Nesto momento son as "angulas", chamadas
meixóns en galego, delgadas de unhos 50
mm de lonxitude. As angulas desplázanse sobre todo de moite e
agrúpanse nas desembocaduras dos ríos e logo en novembro-decembro
inician o remonte, máis tarde xa nun segundo inverno as angulas
transformanse en anguías, sempre que logren pasar os encoros,
minicentrais, etc. que dende logo nono consiguen.
Aspecto que teñen as angulas.
Os 4-10 anos transformanse en anguías adultas e
volta a empezar o ciclo da vida.
Normalmente as anguías que suben transformanse en
femias e os machos quedan nas desembocaduras dos ríos.

Este é un pequeno resumo do crecemento da
anguía en función dos meses. O dibuxo está sacado dun caderno de
campo de Félix R. de la Fuente.

Este mapa é un esquema tamén sacado do libro
anterior onde se ve que nacen no Mar dos Sargazos, non moi lonxe do
Caribe e en 36 meses chegan a Galicia. Desgraciadamente non somos
capaces de deixarlle facer este ciclo. A anguía dentro duns anos
estárá únicamente nos libros.
Toda unha historia.
----0----
O que sigue está sacada do diario A Voz de Galicia
do día 16/01/2005:
José Alvárez Gayoso un dos últimos
pescadores de angulas do río Miño. José é da Parroquia de
Amorín, preto de Tui |
Este pescador fala de medio siglo indo a pesca da
angula, o río Miño era un auténtico maná.
"Antes vivíamos no río, collíanse lubinas de ata 5 kg,
e ata 8 ou 9 kg de angulas nunha noite"
"Hoxe hai noites de coller un kilo, pero moitas de
coller 50 gr. e as veces nin a primeira"
"A escasez da angula é a existencia de encoros que
cortan o ciclo reproductor, impidindo que o animal logre
remontar o río para desovar"
O feito é que hoxe apenas hai angula e a pouca que hai xa se
cotiza a 1000 € o kg. Por certo no 2007 xa están a 1300 € o kg.
O paso que vamos no río Miño entre os encoros e a
contaminación a angula está desaparecendo. Por suposto canto
máis escasea, máis perseguida y máis cara. Franceses e chinos
son os principais clientes.
|

Datos engadidos en marzo do 2008:
O titular é claro "La angula del Miño llega a su
ocaso tras diez de lenta agonía", domingo 23 de marzo do 2008. A Voz
de Galicia.
En resumen non hai angula, a pouca que hai non
sube, a desembocadura do río Miño apenas ten un metro de
profundidade (fai uns anos tiñan 5 metros e as especies migratorias
entraban no río, hoxe cada vez entran menos) hai que dragala, pero o
peor é que se pesca ilegalmente, por exemplo coa "captura con tela"
que está prohibida en España polo regulamento de pesca e que se está
a estudiar a supresión tamén en Portugal.
En fin: as malas condicións do río Miño, tamén
dos mares, a pesca
ilegal tanto de angula como de anguía, o baixón dos exemplares, a subida galopante de precios (que
se multiplicaron por 2000 coa entrada nipona no mercado da angula. A
Angula chegou a pagarse entre 400 € e 650€ o kg. fai tres anos) e un
longo etc., fan que hoxe a angula esté na UVI.
Os datos tenden a cero: hoxe soio o 20% das
embarcacións (sobre 220 galegas e outras tantas lusas) que se
dedicaban a esta pesca actuan. A media en seis días de traballo está
situada entre un e tres kg. por embarcación neses días. Xa se fala
de para biolóxicos, dragados e demais. Realmente non haberá outro
remedio si queremos salvar a esta especie...
O Concello de Tui que fai uns anos organizaba a
festa da angula hoxe xa cambiou a festa da angula pola festa da anguía, pero xa está
pensando que a festa será da Gula. Así están as cousas.
Outras curiosidades:

A angula estuvo este nadal a 1300 € o kg. nun
mercado de Bilbao.
A fotografía seica é de Alfredo Aldai.

Ampliación 2009.
As angulas baixaron de precio este ano a
pesar de que cada vez hai menos, e cantidade de problemas que
van aparecendo. Sobre 600 €.
Ver este link da Voz de Galicia que fala
do
precio da angula no ano 2009.
Hai grandes problemas por exemplo no río
Miño, resumindo un pouco: a contaminación por suposto, pero o
maior problema é o encoro de Frieira que fai anos influe sobre o
caudal do Miño e non limpa como fgai anos; a acumulación de
lodos da desembocadura están a convertir ese tramo nun lago e
polo tanto as angulas non suben como debera. Vaise cara a
extinción.
Ver este
link de xaneiro do 2009. Se habla del dragado de la barra
entre outras cousas.
Volver.
|