Esta é a misma fotografía, escaneada dun libro onde a
mancha negra era xustamente a parte central.
Pero a fotografía pode valer. A desfeita está a
vista. O río prácticamente non traia auga , pese a que como se pode
ver os depositos de carga de presión da central están desbordados,
non daban feito.
Na parte esquerda da fotografía inda hai mais
tubos.
Relmente é dificil ser menos cuidadosos con
entorno, repito do mellor de Galicia.

Nesta fotografía vese a
"desfeita" perfectamente. ( Por certo está sacada do libro
Atlas de Galicia de Editorial Hércules. Sensacional)

Nesta outra vese o encoro causante da
desfeita. Entre o muro do encoro e a fervenza hai aproximadamente 1,5
kilómetros onde non existe o río, ve-la fotografía de abaixo, onde se
ve un trozo de 500 m. aproximadamente, totalmente seco ( o primeiro tramo).

O río Xallas na desembocadura. Seco totalmente. A
Consellería de Medio Ambiente non existe en Galicia, non se poden permitir
estos atentados.
Hai outra fotografía sensacional,
de Xurxo Lobato, onde se ve o Pindo, coa desembocadura do Xallas, a desfeita dos
tubos baixando pola montaña e o fondo o encoro: realmente nesa fotografía vese
que estas empresas pensan pouco ou nada en Galicia, e moito no seu bolsillo. Eu
penso que as cousas pódense facer moito millor , e que progreso e natureza non
poden e non deben ser incompatibles, salvo que as cousas se fagan cós pés,
como neste caso.