Polos ríos e montañas de Ourense.
Fotografía de Xosé Benito Reza.
Enxeñeiro de Montes e escritor, entre outras moitas profesións, un home moi querido, en particular polos que ó coñecemos e sabemos como ama a natureza e como a ten defendido.
¡Gracias amigo, dende esta páxina web en defensa dos ríos!. Seguro que desfrutaremos moito cos teus traballos.
Mapa do recorrido que vai facer pola provincia de Ourense e os seus espacios protexidos.
Traballos relativos os ríos e montañas de Ourense, escritos feitos por Xosé Benito Reza e publicados no diario La Región dende o domingo dia 26 de Abril do ano 2026.
Pulsa na imaxen, ou neste link, para ver e escoitar esta entrevista na que Xosé Benito Reza explica ó que pretende cos seus traballos dedicados a mostrar a paisaxe dos ríos e as montañas de Ourense, neste ano especial 2026, o "Ano Oteriano", dedicado a Otero Pedrayo, xa que estamos no 50 aniversario da súa morte; 1888-1976.
Escóitaa con calma, xa que na miña opinión é unha auténtica marabilla, Xosé Benito é un home que coñece moi ben a nosa terra, quere a nosa terra e defende, sempre ó fixo, a nosa terra, convencido de qué non sabemos ó que temos e que se o soubésemos trataríamola mellor...
Presentación do traballo
Resumen do seu traballo e entregas na Región.
Traballo do 26/04/2026: Polos ríos e montañas de Ourense.
Fotografías publicadas ese día 26/04/26. Completo con dúas máis.
Os traballos:
Fotografía sacada de La Región.
José Benito Reza Rodríguez.
Traballo do 03/05/2026: A Serra de Martiñá.
Traballo do 10/05/2026: Pena Corneira. Monumento natural.
Pozas de Mallón, no río Castroleboreiro.
Dicir que por debaixo desta fotografía pesquei moitas veces este río que eu chamaba río Olelas. Tiña unhas troitas moi boas; hoxe a cola do encoro de Lindoso chega casi o pé destas fervenzas,
Río Queixa.
Que vou a dicir desta fotografía, o río Queixa, mais arriba río da Edreira e mais abaixo río Navea, foi o meu río durante mais de 20 anos, 1970-1990. Outra marabilla de río. Nestas posturas de troitas, que eran todas, pasei momentos da pesca da troita moi agradables. Río plumeiro por excelencia.
Hoxe, abril de 2026, os incendios teñen este río na UVI.